Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dúo Arcángel, nova proposta musical

    Dúo Arcángel 2011Javier Carnota (primeiro pola esquerda) e Aléx Fiuza integran o novo dúo Arcángel

    Moitos músicos e cantantes de orquestra forman parte de grupos que, moitas veces, pouco teñen que ver coa música verbeneira; outros, en cambio, montan outras propostas pachangueiras de menor envergadura, en forma de dúos ou tríos para amenizar celebracións de todo tipo e tamén verbenas.

    É o caso do novo dúo ARCÁNGEL que nace o próximo sábado 29 de outubro. A nova formación musical está composta por dous artistas que forman parte de orquestras, e o seguirán facendo a maiores deste novo proxecto. Trátase de Javier Carnota e Alejandro Fiuza, compoñentes de NOVA IMPERIAL.

    ARCÁNGEL promete ser un dúo diferente ao resto de formacións deste tipo con música de todo tipo e a diversión como máxima. ARCÁNGEL nace o vindeiro sábado no restaurante O Mesón, da localidade do Burgo (Culleredo). Desexámoslles a Javier e Álex moita sorte neste novo proxecto.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook