Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dodro: a festa que por pouco non hai

    Midas 2012 - grupo - cartel Midas e Chicago abrían esta noite as verbenas nas festas de San Campio, en Dodro, que empezaban a pasada noite con música de DJ e que se alongarán ata o próximo martes. Ciclón, Galilea, Aché e Marbella pasarán pola localidade

    A localidade de Dodro celebra durante catro días as festas patronais, mais a pouco estivo de non habelas. En tempo récord preparouse un cartel máis que decente para estes tempos que corren. Algúns incluso din que é mellor que o de anos pasados (para gustos píntanse as cores). O que si é verdade é que houbo un cambio de axencia nesa edición que implica que cheguen ás festas de San Campio orquestras e grupos non habituais neste evento, como CICLÓN ou MARBELLA.

    As celebraci+ons comezaban na pasada noite coa actuación de dous coñecidos DJ. A prmeira verbena lévase a cabo esta noite a cargo da orquestra CHICAGO e do grupo MIDAS. Mañá luns terá lugar a segunda verbena, a cargo do nomeado grupo CICLÓN acompañado pola orquestra máis famosa da Estrada: GALILEA chega a Dodro co seu novo repertorio e unha nova composición orquestral case renovada por completo. Para o último día, martes, está prevista a actuación de dúas coñecidas orquestras: MARBELLA e ACHÉ poñerán o broche final ás festas de Dodro, que, como xa diciamos, para non se organizar con tempo levan un cartel que xa quixeran outros sitios.

    Despois de Dodro chegarán outros eventos festivos no concello: Lestrove, Imo ou Laíño, para celebrar a súa famosa festividade da Virxe do Leite. Se a principios de temporada se corría o rumor de que non habería festas en ningún destes lugares, Dodro rompeu este rumor programando unhas boas festas; esperemos que lle sigan as outras tres localidades do concello. Nalgunha delas sabemos que si haberá celebracións. En breve informaremos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook