Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dodro supera o primeiro de catro "asaltos festeiros"

    Orquesta Ledicia Espectáculo 2011 - cartelA orquestra Ledicia Espectáculo de Ourense vén de actuar nas festas de San Campio, en Dodro, xunto con Los Player's. Hoxe cerraron Solara e Los Satélites

    O concello de Dodro despide hoxe as festas patronais de San Campio. As orquestras SOLARA e LOS SATÉLITES son as responsables da verbena de cerre. Soan no campo da festa os últimos acordes dunhas celebracións que estiveron marcadas nos primeiros días polas chuvias pero que, afortunadamente, o luns e martes puideron desenvolver sen problemas as verbenas. Orquestras como CANADÁ, MARAZUL, LOS PLAYER´S, LEDICIA, SOLARA e LOS SATÉLITES foron as encargadas das verbenas do San Campio 2011.

    Pero as patronais de Dodro son o primeiro "asalto verbeneiro" dos catro que se dan no prazo escaso dun mes. Lestrove, Imo-Castro e Laíño están xa preparados para gozar das súas festas e ofrecer aos visitantes uns carteis de calidade que anuncian a actuación dalgunhas das consideradas mellores orquestras de Galicia.

    Así que en breve volveremos falar de Dodro. Este é o mes festeiro por excelencia no concello. A festa continuará en terras ao carón de Padrón dentro duns días.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook