Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Dous días de festa para Cordeiro

    Orquesta Charleston Big Band 2010 - 001 - RoisA orquestra Charleston Big Band (na imaxe a súa cantante Rita Barreiro) cerrará mañá as festas en Cordeiro acompañada polo grupo Triunfo. Hoxe actuarán Aché e Pontevedra

    O concello de Valga debe ser un dos máis festeiros de Galicia, cando non é nunha parroquia é noutra, o caso é que teñen ocupadas moitas fins de semana con festas populares. Neste caso falamos de Cordeiro, onde hai preparadas dúas xornadas de festas con catro formacións musicais destacadas.

    Hoxe serán as orquestras PONTEVEDRA e ACHÉ as que amenicen o primeiro día de celebracións. Mañá domingo tócalle ao grupo TRIUNFO acompañado da orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón.

    En breve volveremos falar de Valga porque se achega a Festa da Xuventude de Vilarello, se non hai outra antes, claro está, que co festeiros que son en Valga nunca se sabe...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook