Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Duelo a catro bandas no Entroido de Salceda de Caselas

    Salceda de Caselas 2011 - Entroido A Feira - cartel

    Hoxe en Salceda de Caselas vaise montar unha boa, e por partida dobre. Separados por apenas medio quilómetro de distancia, os barrios de Castro Barreiro e A Feira compiten como cada ano por ofrecer un cartel verbeneiro de nivel. Xa onte houbo actuacións de dúas orquestras en cada un dos lugares, e hoxe a competición repítese a catro bandas, catro grandes orquestras (dúas por barrio) para acoller o maior número de xente posible. En Castro Barreiro PHILADELPHIA e ACHÉ, e no barrio da Feira, CHARLESTON BIG BAND e PANORAMA.

    Con este programa o esperable é que a "competición" quede en empate, pois as catro formacións musicais son punteiras nestes momentos nos campos de festa galegos. Salceda de Caselas despide hoxe o Entroido por todo o alto.

    Salceda de Caselas 2011 - Entroido de Castro Barreiro - cartel

    + Info en : www.carnavalcastrobarreiro.es www.acafeira.blogspot.com www.salcedadecaselas.es Tamén existe a opción de ver o Entroido do barrio da Feira a través dunha webcam instalada no propio campo da festa: http://entroidoafeira.axiscam.net:50000

    Salceda de Caselas 2011 - Entroido - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook