Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano e a Orquestra da TV Nordés inundan A Coruña

    Orquesta El Combo Dominicano 2011 - foto A CoruñaImaxe tomada desde o escenario da orquestra El Combo Dominicano, onte no Paseo Marítimo da Coruña

    Máis de 80.000 persoas onte no Paseo Marítimo da Coruña para gozar da que foi sen dúbida, noite grande das festas de María Pita, a noite dos fogos artificiais. E moita desa xente quedou para as verbenas que amenizaron dúas formacións ben coñecidas no panorama orquesteiro galego: EL COMBO DOMINICANO e TV NORDÉS. E desde logo, para os milleiros de xente que non tiñan o pracer de as coñecer a noite de onte foi unha grande oportunidade porque as dúas orquestras ateigaron o Paseo Marítimo. As beirarrúas, o propio paseo Riazor-Orzán e os cinco carrís da avenida víronse literalmente inundados por milleiros de persoas que acudiron ao espectáculo das dúas orquestras.

    As imaxes tomadas desde ambos escenarios separados varios centos de metros dan proba de que onte a asistencia á verbena de María Pita foi máis que masiva e que os veciños coruñeses tamén queren gozar de boas verbenas nas súas festas.

    Orquestra TV Nordés 2011 - foto A Coruña

    Fotografía tomada desde o escenario da Orquestra da Televisión Nordés, situado no paseo, no lado oposto ao da outra orquestra

    _____________________________________________________ Agradecemento a Cirano Núñez (El Combo Dominicano) e María Costas (TV Nordés) por cedernos as imaxes tomadas desde os escenarios das respectivas orquestras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook