Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano, estrela da Festa da Fresa na Coruña

    El Combo Dominicano 2012 - orquesta - cartelO barrio coruñés de Eirís celebra a súa Festa da Fresa coa actuación estelar da orquestra canaria El Combo Dominicano

    O barrio de Eirís será esta noite o centro de referencia festeiro dentro do programa de festas María Pita 2012. A barriada celebra un ano máis a súa festa con xogos infantís, a actuación dun trío musical e unha espectacular verbena á que acudirán miles de seguidores e protagonizada por unha das orquestras canarias de maior proxección en Galicia: EL COMBO DOMINICANO.

    Se polas festas do barrio, que este ano cambiaron de localización, pasaron orquestras como ARMONÍA SHOW, OLYMPUS ou PANORAMA, entre outras moitas, esta edición estaba reservada para o espectáculo da formación musical que leva por toda a nosa terra o seu espectáculo Se armó la fiesta. En palabras do presidente da Comisión de Festas, EL COMBO DOMINICANO "é unha das mellores orquestras que se pode ver en Galicia" e as espectativas son altas xa que se conta con que acudan á verbena nocturna milleiros de persoas.

    EL COMBO DOMINICANO é unha das formacións fixas na cidade e área metropolitana, e así xa pasou en 2011 por Betanzos, O Burgo (Culleredo) ou A Coruña, onde congregou no Paseo Marítimo milleiros de persoas xunto coa ORQUESTRA TV NORDÉS a pasada edición das festas de María Pita. Tamén estivo nas festas do parque de Santa Margarita coruñés ou nas patronais da Laracha, que acaban de celebrarse, onde actuou por segundo ano consecutivo. Será porque é garantía de festa e de éxito de público.

    Noticia en La Opinión A Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook