Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    El Combo Dominicano: "Se acabó la fiesta"

    Carballo 2012 - Festas de Santa Eufemia en Rus - cartelRus celebra esta fin de semana as súas festas anuais con tres orquestras

    Algúns dirán que ultimamente o blog Festa a Festa parece un noticieiro da orquestra EL COMBO DOMINICANO, pero é que realmente a formación musical canaria está apurando as últimas actuacións antes de regresar á súa terra despois dunha xira na que asinaron máis de setenta datas por Galicia adiante.

    Aquí están as dúas últimas. En Rus (Carballo) dentro dunhas horas acompañada pola orquestra NUEVA GENERACIÓN e mañá en Ceilán (A Baña) onde se fará a última data da temporada en Galicia. De aí o título da noticia xogando un pouco co que foi o lema deste ano de EL COMBO DOMINICANO Se armó la fiesta.

    O ano que vén a formación musical volverá de seguro á nosa terra pero haberá cambios, pois un dos compoñentes da dianteira, Néstor, xa fichou pola orquestra ACHÉ para 2013, polo que EL COMBO non será o mesmo en canto á formación actual aínda que conservará, supoñemos, a esencia da banda e o seu estilo inconfundible. Noraboa pola gran campaña que fixeron en 2012 e esperamos máis para a vindeira temporada.

    En Rus, ademais, haberá festa o domingo da man da orquestra PRINCIPAL, que cerrará as celebracións ata o ano que vén. Comeza o outono, a temporada alta acaba.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook