Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Emerxencia por Ciclón en San Félix de Sales

    Grupo Ciclón - 2010 - 063Uxío Mayo, o roqueiro de Ciclón / © Foto: roxegar 2010

    Hoxe en San Félix de Sales (Vedra - A Coruña) vaise montar unha boa. Da man dun dos grupos máis cañeiros da actualidade verbeneira e unha orquestra que está arrasando: CICLÓN e ACHÉ amenizarán unha noite que só poderá estragar a chuvia se ao final cae.

    CICLÓN e ACHÉ están levando a cabo unha temporada chea de éxitos con novos repertorios e postas en escena. A colección de temas, en ambos casos, non deixa de lado a ningún sector da poboación que vai ás festas: todos os estilos musicais teñen cabida nunha verbena con estas formacións, pero tamén, e esta é a diferenza con moitas orquestras, música moi cañeira para a xente nova.

    Tes unha cita hoxe en San Félix de Sales, se che queda mellor que Ribeira, onde hoxe comezamos cinco días de festas (Hai que varrer para a casa...). Boa noite, con ACHÉ e CICLÓN está asegurada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook