Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Diciembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Empezan as festas da xuventude

    Despois da temporada de verán, agora no inverno quedan as actuacións en salas de festas e discotecas ademais dalgunha moi rara festa de campo baixo carpa e calefacción. Dentro dun par de meses aparecerán no calendario as xa tradicionais festas da xuventude en moitos lugares de Galicia. Pero no concello de Vilaboa xa podemos gozar dentro dunhas horas desta celebración.

    Aquí é nova, é o primeiro ano que se fai (será no recinto feiral de Figueirido) e para intentar que sexa un éxito contarase coa actuación de dous pesos pesados na verbena galega: PARÍS DE NOIA e PANORAMA. A noiesa comeza nova temporada coas primeiras actuacións e as novas fichaxes mentres que a de Caldas se vai despedindo coas últimas actuacións (esta é unha das últimas de campo). Última oportunidade para ver xuntas estas dúas orquestras este ano; a próxima vez xa será na nova temporada.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook