Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Adragonte son fieis a Olympus

    Olympus 2012 - orquesta - cartelO novo cartel de Olympus promociona unha imaxe moi moderna da formación musical para 2012

    O lugar de Adragonte, en Areas (Paderne), estará de festas o vindeiro sábado. A cita festeira vai camiño de converterse en obrigada neste municipio da zona betanceira. Este ano vai xa pola VI edición.

    A gran churrascada e a actuación dunha orquestra de renome son as cartas coas que xogan en Areas para a celebración do xa popular encontro. A partir das 20:30 terá lugar a gran churrascada e a partir das 23:30 a actuación da orquestra OLYMPUS de Negreira.

    En Areas son fieis a OLYMPUS, tratan cada ano de que sexa esta mesma formación musical a encargada de amenizar a gran verbena que xa é famosa na redonda. Despois de non estar na pasada edición, este ano volve OLYMPUS a Adragonte, e coa orquestra de Negreira a música e o espectáculo están asegurados. E esta temporada non vai ser menos: novos integrantes e novo repertorio. Ademais, a orquestra vai presentando pouco a pouco os temas novos que conformarán o repertorio de cara á temporada alta do ano.

    No campo da festa haberá unha gran carpa con climatización. Á parte disto, tamén haberá mesas e cadeiras para que o público poida degustar o churrasco o máis cómodo posible a ritmo da charanga SNT (Sempre Na Taberna). Con esta infraestrutura, bo produto para cear (por só dez euros), chocolate con churros a altas horas da noite, sorteo de 300 euros e boa música para bailar e o espectáculo da orquestra de Negreira, o vindeiro sábado o festón vaise apoderar de Areas. É a primeira gran cita festeira do ano na zona.

    Paderne 2012 - Churrascada de Adragonte - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook