Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Almeiras todo é grande

    Culleredo 2011 - Festas de agosto en Almeiras - cartelValo publicitario das festas de Almeiras instalado na entrada do recinto feiral e Paseo Marítimo do Burgo (Culleredo)

    Ata o cartel publicitario a tamaño xigante para publicitar as festas, en Almeiras todo é grande. A imaxe está tomada no Burgo a pasada semana, en plenas festas. Lugar estratéxico para publicitar unhas festas xa que o paseo marítimo do Burgo congregou a milleiros de persoas durante os seis días de celebración.

    E para publicitar unhas festas que teñen lugar no mesmo concello. Almeiras e O Burgo están practicamente pegados un ao outro e agora tócalles aos veciños da primeira localidade celebrar as súas festas de agosto.

    As orquestras VERSALLES, NUEVA GENERACIÓN e OLYMPUS serán as encargadas de amenizar os tres días de troula. Unha paella xigante será o máis destacado á parte das verbenas, así como a concentración de coches clásicos. Tamén a sardiñada fin de festas (luns) antes de que a orquestra de Negreira entre en acción para deixar o listón ben alto para a próxima edición. Despois da queima da falla e dos tradicionais fogos de artificio o segundo pase de OLYMPUS dará por concluídas as celebracións.

    Cambre 2011 - Festas do Santísimo en Almeiras - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook