Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Argalo van á festa co sacho

    Philadelphia 2010 - orquesta - cartelA orquestra Philadelphia abre as festas de Argalo, en Noia, acompañada de Capitol

    Non pensedes mal, trátase dun concurso. Na parroquia noiesa de Argalo comezan mañá venres as festas de Santa Rita, con música, petiscos e campionatos deportivos, un deles de sachos!

    O programa destaca para o venres a actuación das orquestras CAPITOL e PHILADELPHIA.

    Para o sábado hai programada máis música, pero un pouco distinta ao habitual: trátase do "juateque light deluxe". Haberá actuacións dependendo do animada que estea a xente.

    Para o domingo 22, unha sesión vermú para despedir as festas, con petiscos e inchables para os pequenos, cun grupo musical amenizando. Pola tarde, fútbol no Páramo e 2º Campionato de Lanzamento de Sacho, actividade que foi estreada a edición pasada das festas de Santa Rita e tivo un grande éxito. Este ano espérase repetir resultados.

    A organización informa de que hai rifas á venda para os que queiran colaborar. Sortéase unha televisión de plasma de 32 polgadas doada por unha casa de electrodomésticos de Noia.

    Argalo prepárase para unha edición máis das súas festas patronais.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook