Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Barrantes continúan de festa

    Ribadumia 2011 - Festa do viño do Salnés en Barrantes - ProgramaImpresionante programa par a Festa do Viño do Salnés, en Barrantes (Ribadumia)

    Despois do impresionante comezo de onte en Barrantes, coa actuación da orquestra PARÍS DE NOIA, e de artistas como MELOCOS, TAMARA e K-NARIAS, e por se fose pouco, a continuación do evento outra verbena da man da recoñecida orquestra POCEIRO, continúan hoxe as celebracións do Viño en terras de Ribadumia. As orquestras SUPER COMBO e CHARLESTON BIG BAND serán as encargadas de facer hoxe unha boa verbena na carballeira, punto cero das celebracións, onde se atopan situadas as atraccións de feira.

    A orquestra padronesa non lucirá o seu escenario habitual despois do incidente acontecido hai un par de semanas que causou numerosos desperfectos no palco ao desestablizarse unha pata hidráulica. Desde a dirección da orquestra informan que a principios do mes de xullo contan con lucir a nova montaxe que xa se está preparando, mentres, a orquestra segue incorporando novidades no repertorio.

    E para rematar as festas mañá domingo, as orquestras PANORAMA e COSTA OESTE chegarán cos seus renovados espectáculos a Barrantes. A COSTA OESTE tamén incorpora novidades no repertorio e na posta en escena, mentres que PANORAMA pode volver a contar con Alexandre Jurado nas filas aínda que só como percusionista e non como showman. Polo momento Jurado permanecerá escaiolado durante tres semanas máis aínda que este atranco non impedirá que traballe no seu posto na percusión. Como performance hai un substituto, Carlos, para ocupar o lugar de Jurado mentres non estea totalmente recuperado.

    Todo, como vemos, volve á normalidade en CHARLESTON e PANORAMA, do cal nos alegramos. A festa continúa sempre...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook