Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Larín non vai haber xamón que chegue

    Arteixo 2011 - Festa do xamón asado en Larín - cartelCartel promocional da Festa do xamón asado en Larín, Arteixo, o próximo venres

    Xornada gastronómica importante na parroquia arteixá de Larín. O vindeiro venres toca festa rachada e música de primeira; é a Festa do xamón asado.

    Xa podían ter os porcos oito patas, porque non vai haber xamón que chegue en Larín. Cuns prezos populares e a actuación de dúas formacións musicais de primeira liña, o éxito está asegurado. Pola módica cantidade de 5 €, que é o que custa un cubata en moitos sitios, en Larín pódese coller unha ración de xamón asado con sobremesa e café incluídos. Ademais, a festa estará a cargo do grupo ARAMIO, formación musical que vai cada ano a máis e que ten propostas curiosas no seu repertorio, con música para todos os gustos, e a orquestra TRÉBOL, banda que goza de moita sona e prestixio na zona de Arteixo e todo Bergantiños, cun primeiro pase máis enfocado á música de verbena e un segundo dedicado a todos os gustos musicais incluídos o rock, o dance e mesmo o bakalao, pois se non o quitaron do repertorio, os compoñentes de TRÉBOL traen o tema dance-bakalao galego de DJ Son1c A festa non vai parar. Por suposto, o gordo do repertorio segue a ter temas de demostración vocal e cancións 100% verbeneiras, incluídas as de produción propia da orquestra: O cabalo e Baila con la Trébol.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook