Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Tremoedo aumenta o nivel

    Vilanova de Arousa 2012 - II Festa da Xuventude de Tremoedo - cartelA crise económica ameaza algunhas celebracións festivas ou, polo menos fai que o nivel dos carteis descenda e se reduzan orquestras e días de festa. Tamén en moitas citas verbeneiras as formacións musicais de máis caché ceden terreo a favor de orquestras máis alcanzables. Pero este non é o caso de Tremoedo (Vilanova de Arousa), que hoxe celebra a súa II Festa da Xuventude co espectáculo de dúas das orquestras máis custosas; e se o ano pasado eran dúas formacións máis baratas as que amenizaban a festa, este ano a comisión propúxose, non sen esforzo, contratar a dúas das máis custosas economicamente falando.

    E así, este ano PARÍS DE NOIA e PANORAMA serán as encargadas de facer a II Festa da Xuventude, no polígono industrial da localidade, onde hai máis espazo tanto para os macroescenarios como para a multitude de xente que se prevé que chegue a partir das 20.30 horas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook