Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 09
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Vedra, exaltación do viño e novidade verbeneira

    Vedra 2011 - Exaltación do Viño en San Miguel de Sarandón - cartelCartel promocional da Exaltación do Viño do Ulla

    En Vedra celébrase a exaltación do vño, unha cita gastronómica anual cun programa musical repleto de actuacións variadas: música de charanga, rock e folk. Ademais haberá unha mostra de industria e sorteos de estancias en casas de turismo rural.

    No lado gastronómico hai que salientar todo tipo de produtos típicos das festas: filloas, chourizos, empanadas, churrasco e, como non, o polbo.

    Ademais, hai estrea musical, o grupo compostelán ÁFRICA actuará na verbena desta nova edición. Os oito compoñentes da formación musical ofrecerán o seu traballo en Vedra. Unha proposta verbeneira que pretende darlle un toque diferente á tradicional actuación dunha orquestra de sempre.

    En San Miguel de Sarandón superan os trinta anos de festa cun cartel cheo de música, actividades e festa.

    Vedra 2011 - Exaltación do Viño en San Miguel de Sarandón - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook