Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    En Vilaboa repiten festa da xuventude outro ano máis

    Culleredo 2011 - II Festa da Xuventude de Vilaboa - cartelCartel de elaboración propia para a GFesta da Xuventude de Vilaboa (Culleredo) na súa segunda edición

    Na populosa localidade de Vilaboa, no concello de Culleredo, ás portas da Coruña, quedaron con bo sabor de boca o ano pasado cando celebraban a I Festa da Xuventude. E debido ao éxito da edición de 2010, este ano van pola segunda.

    O próximo sábado serán as orquestras FOLIADA e COSTA OESTE as responsables de que esta nova cita festeira chegue a bo porto para o ano que vén volvela facer. Con estas dúas boas orquestras a tarefa non vai ser nada difícil.

    Tamén haberá un grupo musical que amenizará a gran churrascada que se vai organizar a prezos populares. Os prezos anticrise tamén serán os que gobernen no bochinche da comisión durante toda a tarde-noite.

    Vilaboa pode presumir de ter, no mes de xullo, unhas das mellores festas da área metropolitana da Coruña, rivalizando coas dos seus veciños do Burgo (tamén en Culleredo). Tanto nunha como na outra parroquia cullerdense se citan cada verán as consideradas mellores orquestras do momento.

    Aínda en Vilaboa teñen outra celebración. No mes de decembro fan un día de festas para honrar a Virxe da O. Non están sen xoldra os veciños de Vilaboa, e a do sábado vai ser a antesala das festas do verán dentro de dous meses.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook