Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Entre bailes e troitas

    Oroso 2014 - Festa da Troita en Sigüeiro - cartel

     Completo programa en Sigüeiro onde priman as actividades relacionadas coa troita, a típica feira de artesanía e un completo programa musical

    A localidade de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso e a un paso de Santiago, está de festa grande. A celebración gastronómica da troita achega tres días de festas á localidade, con múltiples actividades e música da man de agrupacións de primeira liña.

    E dentro da Festa da Troita xa é un clásico o festival OROSO EN VIVO onde algunhas das consideradas mellores orquestras do momento actuarán na noite do venres e do sábado. PARÍS DE NOIA e COSTA OESTE, serán as encargadas de abrir as festas en Sigüeiro no apartado musical. O sábado actuarán outras dúas formacións musicais ben coñecidas: METRÓPOLIS e PANORAMA.

    Xa o domingo, tanto a sersión vermú como a última das verbenas estará amenizada pola orquestra GALILEA, cun completísimo repertorio para todas as idades e todos os públicos.

    Esta fin de semana é unha das máis importantes en Sigüeiro, cun programa de calidade, tal como nos teñen acostumados.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook