Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Esencia Dire Straits nas festas de María Pita

    brothers-in-band-2011-fotoBatería e percusionista da banda coruñesa Brothers in Band

    Este sábado vai mergullar a praza de María Pita no son dos mellores Dire Straits. O mítico grupo será tributado de novo por quen mellor o sabe facer. Os coruñeses BROTHERS IN BAND chegan co seu repertorio ás festas de María Pita despois de pasar por localidades como Cee ou Cedeira nos últimos días.

    Capitaneados por Óscar Rosende (que pon a voz aos temas), os BROTHERS volverán actuar na Coruña, esta vez dentro do programa das festas de agosto e como unha das poucas citas musicais deste ano. Despois de LUZ CASAL e DI ELAS, que actuaron nas últimas xornadas, toca agora o son Dire Straits máis xenuíno e as últimas verbenas polos barrios (Orquestra CENIZA na Sagrada Familia e CHARLESTON BIG BAND no parque de Santa Margarida a semana vindeira) á parte da actuación da ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA.

    A banda coruñesa chegará coa súa proposta musical o próximo día 25 ás festas de San Bartolomeu, en Noia.

    BROTHERS IN BAND son:

    Óscar Rosende (voz e guitarra principal)

    Antonio Abad (guitarra rítmica)

    Jose Rodríguez (saxofón, frauta)

    Miguel Queixas (percusión)

    Miguel Lamas (batería)

    Nacho Varela (teclados)

    Iago Mouriño (piano e teclados)

    Pablo Gilbert (pedal steel guitar)

    Fernando Abenza (baixo eléctrico)

    Patxi Baldomir (técnico de son)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook