Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Especial San Xoán 2010

    a-coruna-san-xoan-2010-cartel-pequenoChega a noite máis curta do ano; e en todos os sentidos, porque cando un o está pasando ben o tempo parece que escapa máis de présa. Hoxe o lume fará rolda coa noite nese acto máxico que lle dá a benvida ao verán. En todos os barrios das cidades e vilas, ou case todos, e nas eiras, adros e leiras das nosas aldeas haberá de seguro unha lumeirada, fogata, fogueira, cacharela, cachela ou como a queiramos chamar, para celebrar a noite do San Xoán. Noite purificadora, segundo a tradición e as lendas, que aproveitaremos para tomar as primeiras sardiñas, ou o churrasco a falta das primeiras. E se pode sen ao son dunha boa música, moito mellor.

    Ofrecemos unha listaxe coas festas máis salientables para ter en conta hoxe e mañá co gallo da celebración do San Xoán. Para saber o resto de días da fin de semana, consultar o calendario do blog ou a axenda diaria, que intentaremos ter actualizados estes días para unha mellor información.

    DÍA 23 A CORUÑA.- Noite da Queima na Cidade Meiga (Praias Riazor-Orzán). ARES.- Gran sardiñada ás 19:00 horas no aprque municipal Rosalía de Castro. Barrio de Montirón (Lugo).-Sardiñada, gran lumeirada e actuación do grupo MIDAS. Barrio da Piringalla (LUGO).- Gran churrascada e actuación da orquestra coruñesa CIBELES. Barrio de Esteiro (Ferrol).- Sardiñada e actuación de LOS ZARES. Barrio de Pelamios (SANTIAGO DE COMPOSTELA).- Sardiñada, rastrillo, cacharela e actuación do grupo ALCOTÁN. Barrio de Vista Alegre (SANTIAGO DE COMPOSTELA).- Actuación do grupo CICLÓN. Calo (TEO).- Queima da cabra vella e actuación dunha grande orquestra. CAMBRE.- Sardiñada pública ás 20:00 horas no campo da feira e actuación dun grupo musical. CARBALLO.- Sardiñadas, concurso de cachelas e actuación da orquestra TRÉBOL. Covas (VIVEIRO).- Sardiñada e actuación da orquestra PANAMÁ. Disco móbil KRAUSS. GUITIRIZ.- Sardiñada gratuíta e música da discoteca móbil ESDEN. Lubre (SADA).- Actuación da orquestra LOS ESPAÑOLES. O cruceiro - Carreira (RIBEIRA).- Gran sardiñada e actuación do grupo REFLEJOS con Débora Silva. O Esto (CABANA).- Sardiñada e actuación do grupo DELIRIO. O Santo (SANXENXO).- Gran sardiñada e agrupación do grupo ARENA. PANXÓN.- Actuación do grupo LA OCA e da orquestra PANORAMA. ORTIGUEIRA.- Sardiñada e churrascada gratuítas na zona da Preguisa. Ás 24.00 Foleón de San Xoán. POIO.- Gran sardiñada e actuación do grupo LIMÓN e da orquestra TAMBO. SARRIA.- Actuación da orquestra JERUSALÉN. San Xoán de Vilanova (MIÑO).- Actuación da orquestra MARBELLA. TOURO.- Gran Sardiñada popular no campo da festa.

    ribeira-carreira-2010-san-xoan-cartel-pequeno

    Cartel coa programación da festa do San Xoán 2010 en Carreira (Ribeira)

    DÍA 24 A Picota (MAZARICOS).- Actuación da orquestra LOS SATÉLITES. Buxán (ROIS).- Actuación dos grupos AMERIKAN TOP e MASTER. Calo (TEO).- Actuación das orquestras VERSALLES e PONTEVEDRA. Covas (VIVEIRO).- Actuación das orquestras XENTE NOVA e PHILADELPHIA. GUITIRIZ.- Actuación das orquestras ABANICO e PANORAMA. O Esto (CABANA).- Actuación do grupo MIDAS. O Santo (SANXENXO).- Actuación dos grupos IMPACTO e NARANJA. Ortoño (AMES).- Actuación do grupo CICLÓN. POIO.- Actuación das orquestras PALLADIUM e MAGOS DE ESPAÑA. San Xoán de Piñeiro (MUGARDOS).- Actuación da orquestra FOLIADA. SARRIA.- Actuación das orquestras GRAN PARADA e CINEMA. TOURO.- Actuación do grupo ATENAS e da orquestra ACHÉ. Algúns carteis das festas: rois-buxan-san-xoan-2010-cartellugo-barrio-de-montiron-san-xoan-2010-cartel-pequenocabana-o-esto-2010-san-xoan-cartel-pequeno

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook