Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Espectacular celebración do San Vítores en Esgos

    Grupo La Oca 2010 - 035 - SanxenxoMónica Laguna, cantante de La Oca. A banda de Sanxenxo cerra un ano máis as festas de Esgos. Nada mellor para celebrar o XX Aniversario do grupo que puxo de moda a frase "Dun lado pra outro" / © Foto: roxegar 2010

    Onte xoves comezaban as festas máis grandes de Esgos (na provincia de Ourense). Cunha actuación musical, a Festa do arroz con leite, a Festa do Emigrante e a Festa Temática dos 80 á que é imprescindible acudir coa indumentaria propia da época foron as actividades máis destacadas.

    Hoxe venres é o día dedicado aos concertos coa actuación dos grupos: CINCO BAJO 0, RENEGADOS e R-KER.

    O sábado haberá distintas actividades para os nenos, e a música será a cargo do grupo MASTER. A orquestra LA BÁMBOLA será a encargada da festa do domingo para chegar ao luns, día grande.

    Un ano máis, o grupo LA OCA vaina montar moi forte en Esgos. Ademais, a banda de Sanxenxo quere celebrar o seu XX Aniversario nestas festas e a partir das 21.00 horas ofrecerá un repertorio cheo de boa música e para todos os públicos onde non faltarán pezas importantes destes últimos anos, o humor e a complicidade co público e, sobre todo, moito baile.

    O humorista DAVID AMOR será a actuación especial xunto cos amigos de LA OCA e, para rematar, a partir das 03.00 horas regalarase chocolate e bica a todos os asistentes por parte da Comisión de Festas.

    A xornada do luns, en Esgos, vai ser moi especial pero xa se poden ir quentando motores nestes días precedentes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook