Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Espíritu Santo prepara en tempo marca as festas

    Sada 2011 - Festas do Espíritu Santo en Soñeiro - cartelTres días de festa en Espíritu Santo (Soñeiro, Sada)

    Espíritu Santo en Soñeiro (Sada) ou como organizar unhas festas en tempo marca. En moi poucos días a comisión de festas de Espíritu Santo, en Soñeiro, no concello sadense, tomou o mando dunhas festas que non se ían celebrar e preparou un programa para ter, un ano máis, as súas citas coas verbenas e a gastronomía.

    Parece que é un pouco o que está a acontecer en moitos lugares de Galicia, a organización das festas anuais en moitos sitios prepárase a última hora ou comisións de festas novas, como é o caso de Espíritu Santo, toman as rendas de organizar, non sen esforzo, as celebracións anuais.

    En en Soñeiro, ao final, terán verbenas e churrascada. O máis salientable do programa musical será a actuación, o sábado, da nova orquestra GAIA, unha formación que nace en 2011 e da que xa informamos repetidamente en Festa a Festa. Como vimos dicindo neste blog, unha orquestra nova, que non de novatos, pois precisamente unha característica da banda é que os seus compoñentes son todos grandes profesionais cun currículo feito a forza de traballar anos e anos en diversas orquestras galegas.

    Un ano máis, grazas ao esforzo dun novo grupo de xente nova, no campo da festa de Espíritu Santo, situado nas inmediacións da empresa automobilística MANDÍN, soarán ritmos de verbena durante os tres días da fin de semana.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook