Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Eu son oubinhista, e ti?

    Orquesta Panorama 2009 - Carlos OubiñaCarlos Oubiña na xira do XX Aniversario da orquestra Panorama, en 2009

    A web oficial de Carlos Oubiña lanza o club de fans do popular teclista da orquestra PANORAMA. Para formar parte do novo club de seguidores debes enviar un correo con toda a información que se pide ao pé desta entrada. Todos os seguidores recibirán o carné no seu domicilio.

    Oubiña forma parte de maneira moi importante na PANORAMA por ser un dos poucos que quedan da etapa na que a orquestra non tiña tanta fama nin tantos medios para ofrecer o espectáculo visual e musical destes últimos anos. Son xa máis de dez anos na formación musical por onde pasaron moitos compañeiros ao longo de vinte e dous anos de historia que se cumprirán o próximo mes de decembro.

    Orquesta Panorama - 2010 - 0099 - Guillán (Vilagarcía)

    Oubiña na pasada Xira do Xacobeo 2010

    ___________________________________________________________________________________ DATOS PARA RECIBIR O CARNET DE FAN DE CARLOS OUBIÑA Enviar os datos cubertos a: fans_oubinhistas@hotmail.com . Foto carné: . Nome: . Apelidos: . Idade: . Data de nacemento: . Enderezo (necesario para enviar os carnés) - Rúa: - Número: - Piso: - C. P.: - Poboación: - Provincia: . Correo electrónico: . Talla de camiseta (por se nun futuro se decidise crealas) . En caso de menores de idade, certificado asinado polos pais ou titores Os datos son confidenciais e non se utilizarán máis que para todo o relacionado co Club de Fans de Carlos Oubiña.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook