Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Marzo
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Evolucionando para ser os mesmos: Assia 2013

    Grupo Assia 2013 - cartelNova imaxe para o grupo asturiano Assia

    O bo traballo ano a ano fai que o grupo ASSIA estea considerado como un dos mellores dedicados ao mundo da verbena. E se en Asturias, a súa terra, son os reis do escenario, en Galicia de cando en vez temos a oportunidade de velos actuar nalgunha das nosas celebracións. Repertorio moi particular e diferente do que comunmente vemos nos campos da festa, bo equipo de iluminación e de son, montaxe sinxela pero moi elegante e efectiva pero, sobre todo, uns grandísimos músicos enriba do palco son as características máis salientables desta formación musical.

    Hoxe presentamos o novo cartel promocional para a temporada 2013 co único cambio na banda: Pablo Somoza, procedente da orquestra OLYMPUS, ocupa o lugar deixado, despois de doce anos no grupo, por Víctor Gutiérrez, "Viti" á guitarra. Ás voces Somoza tampouco deixará o listón baixo como veu demostrando estas últimas temporadas na orquestra galega; porque para pertencer a ASSIA non chega con ser bo músico, as calidades vocais tamén son importantes.

    Comeza xa a nova temporada do grupo asturiano de máis sona, e de seguro que ao estar incluído no catálogo da axencia de Negreira Galicia Espectáculo poderemos velo polas nosas festas máis a miúdo do que estamos acostumados.

    Formación ASSIA 2013

    Luismi Fernández, guitarras e voz

    Javi Rubio, teclados e voz

    Yuniel Guerra, percusión e voz

    José Fermín, batería e voz

    Carlos Laiz, baixo e voz

    Pablo Somoza, guitarras e voz

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook