Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 01
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Explosión de gastronomía festeira

    Silvia Ferre_2010_12Silvia Ferre Casar, vocalista do grupo de Roi Casal, actúan hoxe no peirao de Portonovo (Sanxenxo) dentro do programa da famosa Festa da Raia / © fotografía roxegar 2010

    Esta fin de semana chega cargada de festas, a maioría delas de carácter gastronómico, e tamén a maioría delas teñen boa sona e tradición. Salientamos entre todas as citas gastronómicas as máis importantes, pero de seguro que aínda non están todas as que son aínda que son todas as que están:

    En Ames a Festa do Polbo. En Brión, Festa da Tortilla paisana coa actuación do grupo ASSIA (hoxe sábado). En Entrimo, a Festa da carne cachena. En Larouco, Festa do cordeiro. En Moimenta, Festa da Filloa. En Mondoñedo, dentro das festas das Quendas, hoxe sábado a XXVII Festa da Empanada. Na Pobra de San Xián a Festa da Tenreira Galega. Na Pontenova, Festa da Troita con actuación de orquestras incluída (venres e sábado). En Portonovo (Sanxenxo) a Festa da Raia coa actuación, hoxe sábado, do grupo de Roi Casal no porto da localidade. En Vedra a Festa da Augardente do Ulla. En Vilachá a Festa do Viño.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook