Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa benéfica en Culleredo, con Panorama

    Orquesta Panorama - 2010 - 0076 - Guillán (Vilagarcía)Jorge Ferre, Lydia Salar e Giorgio Ramilo, da orquestra Panorama / © Foto: roxegar 2010

    A orquestra PANORAMA será a encargada principal de facer festa esta noite no Burgo (Culleredo). A poucos quilómetros da Coruña e nunha localización onde acostuma actuar case todos os anos polas festas do verán, o Paseo Marítimo do Burgo, ao lado da Cross que está sendo rehabilitada, a orquestra actuará a partir das 23.00 horas nunha gala benéfica para recadar fondos para o Centro Oncolóxico da Coruña.

    A formación musical acompañada polo dúo humorístico MUCHA E NUCHA farán desta noite unha ocasión divertida e benéfica. Ademais, durante a actuación sucederanse moitas sorpresas, como a colaboración especial dos xogadores do Deportivo de veteranos, que farán o sorteo de camisetas, e da división de honor, «que contribuirán ao sorteo con camisetas moi apreciadas polos afeccionados», segundo palabras do propio alcalde Julio Sacristán. A recadación farase a través dun recargo de 1 euro nas consumicións e da instalación dunha "fila cero" para donativos.

    Haberá festa ata as 04.00 horas da mañá e, igual que nas festas do Burgo, unhas das de máis gancho da área metropolitana coruñesa, poderase aparcar no aparcadoiro do centro comercial Haley.

    Hoxe, de novo, o traballo dunha orquestra e a diversión do público teñen como fin último recadar fondos para loitar contra o cancro. No Burgo, a partir das 23 horas, entrada gratuíta.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook