Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Diciembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa con aires deportivos

    Aché 2011 - orquesta - cartelAche actúa na Laracha para recadar fondos para o equipo de fútbol da localidade. A entrada é gratuíta.

    Dentro dunhas horas na Laracha haberá unha gran festa. Por parte do Laracha CF ofrécesenos a todos os que queiramos achegarnos ao pavillón multiusos unha cita festiva da man dunha das orquestras que máis está traballando ultimamente: ACHÉ.

    De novo temos a oportunidade de ver a esta formación musical de Vilanova de Arousa. Esta vez é para recadar fondos para o Laracha CF. A entrada será gratuíta e os prezos no posto de bebidas serán anticrise. Aínda así esperan recadar cartos para o equipo deportivo porque a afluencia será importante.

    Antes de ACHÉ empezará a festa unha discoteca móbil que ofrecerá música durante unha hora (de 22.30 a 23.30). Despois será a orquestra ACHÉ a que ofrecerá o seu espectaculo en dous pases ata as tres da mañá.

    Por unha boa causa, unha boa festa. Será no pavillón situado na Agra de Leborís (onde está o IES e onde tamén se fan as festas patronais de agosto na localidade), no centro da vila.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook