Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 28
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa con raíces en Vilalonga

    Orquesta Panorama 2011 - 000 - Abanqueiro (Boiro)A orquestra Panorama abre con Marbella as festas de Vilalonga / © Fotos de todas as orquestras realizadas por roxegar

    Comezan xa as festas de Vilalonga, no concello de Sanxenxo. Organizadas en pouco tempo pero a toda pastilla para poder ofrecer un atractivo programa, as festas ofrecen dúas características básicas este ano.

    En primeiro lugar as orquestras que actuarán en Vilalonga contan entre os seus compoñentes con músicos da parroquia, por non falar de que no caso de PALLADIUM e LA OCA, as formacións musicais están inscritas fiscalmente no lugar por pertenceren os donos ou algúns dos socios a esta parroquia. En segundo lugar o programa ofrece algo máis que música de verbena, e aínda que variada polo tipo de formacións que actúan, haberá outras propostas lúdicas como o día da bicicleta, gastronómicas -chocolatada-, ou mesmo musicais, como o concerto de rock a cargo de DR. GRINGO, a música dunha discoteca móbil ou a actuación da Banda de Música de Sanxenxo.

    Grupo La Oca 2009La Oca e Palladium actúan na casa, Vilalonga, a próxima fin de semana

    Orquesta Palladium - 2010 - 059 - Vilalonga

    PANORAMA e MARBELLA serán as orquestras que abrirán as festas (mércores); PHILADELPHIA e CINEMA seguirán na segunda xornada (xoves); o venres será a vez das dúas formacións de Vilalonga: LA OCA e PALLADIUM e o domingo cerrarán MARIMBA e LOS TROVADORES.

    O día 10 será a xornada dedicada á Festa da Bicicleta e, para rematar, o día 16 haberá unha última xornada de festa dedicada á Virxe do Carme coa actuación do grupo OCÉANO.

    sanxenxo-2011-festas-de-vilalonga-programa[Clica no programa para podelo ver a maior tamaño]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook