Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa da Filloa na Baña, coa Sintonía de Vigo

    orquesta-sintonia-de-vigo-cartel-pequenoA orquestra Sintonía de Vigo ameniza, un ano máis, a Festa da Filloa da Pedra

    A localidade coruñesa da Baña celebra un ano máis a súa popular Festa da Filloa da Pedra con numerosos actos lúdicos e verbena, como non, amenizada un ano máis pola prestixiosa orquestra SINTONÍA DE VIGO.

    Este ano, como novidade, ofrécese a "Tapería da Filloa" e instalaranse 50 pedras para facer simultaneamente as filloas.

    Haberá pulpeiro e degustación, como vén sendo habitual de filloas, chourizos, orellas...

    PROGRAMA FESTA DA FILLOA DA PEDRA

    8.00 horas.- Apertura do "V Certame de Cans de Caza".

    10:00 horas.- Apertura da Festa da Filloa da Pedra.

    12.00 horas.- Actuación do grupo de gaitas "Os Campantes" da Baña.

    13.00 horas.- Pregón a cargo de D. Tomás Alonso do programa de TVG "Larpeiros". Ao rematar o pregón, entrega de premios correspondentes ao "VI Certame de Cociña de Filloas da Pedra".

    16.00.- Actuación da "Charanga Mekánica"

    18.00.- Verbena amenizada pola orquestra SINTONÍA DE VIGO.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook