Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa da Xuventude de Oroso, unha cita de luxo

    Oroso 2011 - Festa da Xuventude de Oroso - cartelCartel promocional da Festa da Xuventude de Oroso, que se celebrará esta fin de semana

    O concello de Oroso celebrará hoxe e mañá a súa Festa da Xuventude, na alameda de Gois (Sigüeiro). A xornada de verbenas será hoxe coa actuación das afamadas orquestras OLYMPUS e ACHÉ. Ambas formacións musicais acaban de gravar cadanseu vídeo cos seguidores para darlle forma aos temas Amigos (no caso de OLYMPUS e El bombero (no caso de ACHÉ).

    Na xornada do sábado tamén haberá música, aínda que non de verbena, coa actuación de diversos grupos rock nun concerto denominado ROCK EN VIVO e a música dunha discoteca móbil.

    Os actos complétanse con outras actividades como a xuntanza moteira, a festa da escuma, a concentración de coches de competición ou demostración de tiro con arco. É a primeira gran cita no concello e esta festa estase afianzando ao nivel doutra das grandes festividades no municipio: a Festa da Troita no mes de maio.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook