Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa da Xuventude en terras de Rois

    Rois 2011 - Festa da Xuventude en Oin - cartelTres orquestras amenizarán a Festa da Xuventude en Oín (Rois)

    Oín, en Rois, terra verbeneira por excelencia, festas patronais e por se non chegan, tamén da Xuventude. Este próximo venres chega a noite na que se celebrará esta última. Da man de tres orquestras, a festa está asegurada ata altas horas da madrugada.

    E por se non abondase coa boa música verbeneira, tamén haberá degustación gratuíta de orella, un gran reclamo que implica un importante esforzo por parte da comisión de festas (de traballo e económico) nestes tempos de crise onde cada vez resulta máis complicado organizar unhas boas festas.

    A Festa da Xuventude en Oín serviralles ás orquestras CIUDACRISTAL, SOLAMÉRICA e CIUDADEVIGO para facer as súas presentacións oficiais para a temporada 2011 nesta zona de importantes celebracións festeiras.

    A partir das 22.30, o venres en Oín haberá festa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook