Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e cultura no barrio compostelán de San Pedro

    santiago-de-compostela-barrio-de-san-pedro-2010-cartel1

    Comezaron xa as festas do barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Vendo o cartel, verdadeira obra de arte, como cada ano, decatámonos de que aínda que hai actos e actividades propios das festas populares (verbenas, churrascada, romaría…) priman nestas celebracións outros actos máis lúdico-culturais que converten estas festas en referencia para toda Galicia como poden ser os obradoiros, o teatro, a danza tradicional, exposicións, poesía e mesmo astronomía.

    A noite do venres destaca pola celebración da Noite do Lastro, coa participación de tres bandas musicais, encabezadas pola senlleira THE HOMENS.

    No apartado de verbenas cabe salientar a actuación da orquestra LAMAS o sábado 26, que repite un ano máis. As festas rematan o domingo no parque de Belvís con obradoiros, actuacións, xogos populares, polbo e churrasco.

    orquesta-lamas-cartel-2009Cartel presentación da orquestra Lamas

    PROGRAMA COMPLETO

    XOVES 24 18.30h. Actuación dos/as alumnas da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela. Arcos Parque de Bonaval. 20.00h. ODAIKO. Obradoiro de Percusión e Pasarrúas. Praciña de San Predro. 21.00h. ODAIKO. Actuación. Praciña de San Predro. 22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
    - Pandereteiras Bouba - Habelas Hainas - Quempallou
    VENRES 25 18.30h. Contacontos. Parque de A Trisca. (Actividade do CSC de A Trisca). 19.00h. Cabezudos e Pasarrúas: Banda de Música de Lousame. 20.30h. Teatro Carauta. Arcos Parque de Bonaval. 22.00h. NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
    - Moita Leria - The Homens - A Tuna Rastafari
    SÁBADO 26 10.30h. FEIRA. Rúa de San Pedro.
    Animación e Música 12.30h. Descuberta polo Barrio. Saída do Cruceiro de San Pedro. (Actividade do CSC de A Trisca). 13.00h. Contos en Bicicleta. Anxo Moure. 13.00h. Paulina Ceremużyńska. Cantigas tradicionais polacas e galegas. Igrexa de San Antoniño (Salesianos). 15.00h. Charanga Os Veraneantes. 17.00h. Cia. Pajarito “Moucha Meiga”. 18.00h. Visita Guiada pola Rúa de San Pedro a cargo de Tentativa Teatro. Saída da Praza 8 de marzo (Pta. Camiño). 18.30h. O Coro da Rá. 19.00h. Cabaret Novo Circo. 19.00h. Paulina Ceremużyńska. Cantigas tradicionasis polacas e galegas. Igrexa de San Antoniño (Salesianos). 20.00h. Grupo de Música e Baile Tradicional Brincadeira. 21.00h. Concerto de Residuos Atractivas. 21.00h. Astronomía na Beirarrúa.
    VERBENA no Cruceiro de San Pedro. 13.30h. Sesión vermouth: Orquesta LAMAS. 22.30h. Verbena: Orquesta LAMAS (1º pase). 23.45h. Galeoke. Estrea do karaoke galaico. 00.15h. Verbena: Orquesta LAMAS (2º pase). DOMINGO 27 11.00h. Pasarrúas: Gaiteir@s e Cabezud@s. 12.30h. Rebelión da Décima Musa III - Recital poético e musical. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
    - Músicas: Ugia Pedreira e o grupo Habelas Hainas. - Poemas: Chus Pato, Andrea Nuñez, Marilar Aleixandre e María Rosendo.
    13.00h. Grupo de Baile A Xuntanza, Escola de Gaitas A Xuntanza e Escola de Pandereteiras de Brincadeira. Cruceiro de San Pedro -» Praza 8 de Marzo -» Parque de Belvís. 14.00h. ROMERÍA. Parque de Belvís.
    - Os Estalotes - Polbo e Churrasco - Xogos Tradicionais

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook