Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e cultura no barrio compostelán de San Pedro

    Santiago de Compostela 2011 - Festas do Barrio de San Pedro - cartelComo cada 29 de xuño, o barrio compostelán de San Pedro vístese de festa. A convocatoria festiva de cinco días cerrarase o domingo con churrascada e música

    Comezan as festas do barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela. Vendo o cartel, que abandona as ilustracións dos últimos anos, verdadeiras obras de arte, e ofrece un curioso e singular deseño, decatámonos de que aínda que hai actos e actividades propios das festas populares (verbenas, churrascada, romaría…) priman nestas celebracións outros actos máis lúdico-culturais que converten estas festas en referencia para toda Galicia como poden ser os obradoiros, o teatro, a danza tradicional, exposicións, poesía e mesmo astronomía. Circo, teatro, contacontos, títeres, cabezudos e pasarrúas completan un programa acugulado de actividades programadas para cinco días de festa.

    A noite do venres destaca pola celebración da Noite do Lastro, coa participación de tres bandas musicais, encabezadas pola senlleira BANDA CREBINSKY.

    No apartado de verbenas cabe salientar a actuación da orquestra MARIMBA o sábado día 02, orquestra que chega a San Pedro despois destes dous últimos anos nos que actuara a orquestra LAMAS. As festas rematan o domingo no parque de Belvís con obradoiros, actuacións, xogos populares, polbo e churrasco.

    29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011

    MÉRCORES 29

    19.00h CORAL. Museo do Pobo.
    Coral "A Xuntanza"
    22.00h CIRCO/DANZA/TEATRO. Praza da Angustia.
    "Encontros" de Lusco Fusco
    23.00h CONTACONTOS DE MEDO. Praza da Angustia.
    Paula Carballeira

    XOVES 30

    21.00h. TEATRO. Centro Don Bosco.
    Grupo de Teatro A Xuntanza
    22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
    Vilarachos Tanto Nos Ten Tiruleque

    VENRES 1

    19.00h. PASARRÚAS E CABEZUD@S. 19.30h. TÍTERES. Praciña de San Pedro.
    Carlos Luna: Rocambola Títeres "Historias de Rocambola"
    20.30h. CIRCO DE RÚA. Na praciña de San Pedro.
    Peter Punk e o neno imperdible
    22:00 NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
    Banda Crebinsky Dandy Fever Fluzo

    SÁBADO 2

    11.00h. FEIRA. Rúa de San Pedro. 12.00h. ENCONTRO DE CABEZUD@S E PASARÚAS.
    @s da Gentalha do Píchel @s do Barrio de San Pedro Zampón o lambón Música de: "Treboeiros de Muimenta"
    12.30h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.
    Pedro
    13.00h. OBRADOIRO DE COSTURA DIVERTIDA. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).
    O Traxe Tradicional
    13.30h. PASARRÚAS.
    Treboeiros de Muimenta
    14.00h SESIÓN VERMOUTH. No Cruceiro de San Pedro.
    Orquesta Marimba.
    17.00h. CONTACONTOS EN LÍNGUA DE SIGNOS. Na Praciña de San Pedro. 17.30h. OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño). 18.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.
    Assircopatas
    18.30h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Praza 8 de Marzo (Pta Caminño)
    Grupo de Música e Baile Tradicional de Brincadeira
    19.00h.  CIRCO DE RÚA . Na praciña de San Pedro.
    Dj Capuzzi y La Señorita X
    20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
    20.00h. PASARRÚAS.
    A Magnifique Band dos Homes sen Medo
    21.00h. CONCERTO. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).
    A Magnifique Band dos Homes sen Medo
    22.30h. VERBENA. No Cruceiro de San Pedro.
    Orquesta Marimba.

    DOMINGO 3

    11.00h. PASARRÚAS.
    Quarteto da Gentalha do Píchel Gaiteiros da Xuntanza
    12.00h. CONCERTO. Na Praza da Angustia.
    A Banda de Lousame
    12.00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño)
    A Rebelión da Décima Musa IV Ana Romaní, Antía Otero, María Rosendo, Lucía Aldao, Alicia Fernández, Dores Tembrás e as Pandereteiras Bouba.
    12.00h. CATA DE VIÑOS. No Parque de Belvís. (Preinscripción). 13.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Cruceiro de San Pedro - Pza. 8 Marzo - Parque de Belvís
    Grupo de Baile A Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira
    14.00h. ROMARÍA. Parque de Belvís.
    Os Estalotes As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional Polbo e Churrasco

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook