Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa e tradición xúntanse un ano máis no Naseiro

    Abanico 2010 - orquesta - cartel

    Orquestras e grupos coñecidos como Abanico, El Combo Dominicano ou La Oca, teñen cita coa festa do Naseiro, en Viveiro, ata o próximo martes

    A Romaría do Naseiro, en Viveiro, que comeza hoxe co DÍA DO POLBO ten este ano un difícil obxectivo: superar a participación do ano pasado, edición na que se superaron todas as espectativas. Miles e miles de persoas congréganse cada ano nalgún día de festa no Val do Naseiro para gozar da romaría, da acampada e da boa música.

    Polo programa musical, que hoxe comeza a andar, non vai haber problema; aínda que o cartel non conta nesta edición con algunhas das consideradas "grandes" que compartiron festa nestes últimos anos, todos os grupos e orquestras son moi coñecidos no mundo verbeneiro. Quen non coñece o grupo AMISTAD de Vigo ou a orquestra SALSA ROSA, que amenizarán mañá a primeira verbena. A grande orquestra ABANICO ou os amigos de LA OCA (domingo), a orquestra EL COMBO DOMINICANO (que está arrasando este 2011) ou o grupo MASTER (luns) ou a orquestra PALLADIUM e o grupo asturiano TEKILA? Con este cartel, unha predicción boa do tempo e ganas de pasalo ben non é difícil que o Naseiro acade de novo cifras de asistencia importantes. Ademais, algúns dos grupos xa repiten con respecto do ano pasado: LA OCA, MASTER e TEKILA xa non son novatos no Naseiro.

    A Romaría do Naseiro, tamén coñecida como do Bo Xantar é unha das de maior tradición en Galicia. En terras viveirenses festa ata o martes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook