Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa en formato festival

    Vilagarcía de Arousa 2011 - Festival do Norte - cartel

    [Clica no cartel para ver a información a maior tamaño]

    X FESTIVAL DO NORTE

    (Vilagarcía de Arousa, recinto exterior Fexdega)

    Esta fin de semana, ademais das diversas festas que se desenvolven por Galicia adiante e que anticipan un verán cargado de celebracións, ten lugar o Festival do Norte 2011, no recinto exterior do Fexdega de Vilagarcía de Arousa.

    Este evento, que xa vai pola súa décima edición, ofrécenos as actuacións de artistas como Triángulo de Amor Bizarro, Sexy Sadie ou Joe Crepúsculo entre moitos outros, que actuarán distribuídos, como xa vén sendo habitual, en tres escenarios.

    O festival vilagarciano viu pasar polas súas diferentes edicións a importantes bandas como Placebo, Deluxe, Fangoria, Catpeople, Sidonie ou persoeiros da música como Manu Chao, pero tamén se caracteriza polo apoio que lles brinda a novos talentos, sendo así un trampolín importante para grupos galegos.

    Os días 06 e 07 de maio tes unha cita musical importante en Vilagarcía de Arousa: o Festival do Norte 2011.

    CARTEL COMPLETO

    Venres 6 de maio: !!! (CHK CHK CHK) 1.00h., MAY 68, DELAFÉ Y LAS FLORES AZULES, CHAPEL CLUB, ELLOS / JOE CREPÚSCULO, NADADORA, MCENROE, 18.00h. SRASRSRA / IVÁN DJ (SALA KARMA), LOS PLANETAS DJ’S 3.15h.

    Sábado 7 maio: LONDON GUNS, PETER HOOK, THE VASELINES, TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO, SEXY SADIE / MIRRORS, PONY BRAVO, FRANC3S, DIADERMIN / JUAN DJ (SALA KARMA), GUILLE MILKYWAY DJ.

    Toda a información en : www.festivaldonorte.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook