Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa en formato festival

    cartelcompleto12Cartel promocional do Festival do Norte 2012, esta fin de semana en Vilagarcía de Arousa

    Esta fin de semana, ademais das diversas festas que se desenvolven por Galicia adiante e que anticipan un verán cargado de celebracións, ten lugar o Festival do Norte 2012, no recinto exterior do Fexdega de Vilagarcía de Arousa.

    Este evento, que xa vai pola súa undécima edición, ofrécenos as actuacións de artistas como FANGORIA (que volve a esta cita musical despois dalgúns anos), NANCYS RUBIAS, LOS ENEMIGOS, LOVE OF LESBIAN ou LA CASA AZUL entre moitos outros, que actuarán distribuídos, como xa vén sendo habitual, en tres escenarios.

    O festival vilagarciano viu pasar polas súas diferentes edicións a importantes bandas como Placebo, Deluxe, Catpeople, Sidonie, Triángulo de Amor Bizarro, Sexy Sadie ou persoeiros da música como Manu Chao, pero tamén se caracteriza polo apoio que lles brinda a novos talentos, sendo así un trampolín importante para grupos galegos.

    Os días 27 e 28 de abril tes unha cita musical importante en Vilagarcía de Arousa: o Festival do Norte 2012.

    Toda a información en : www.festivaldonorte.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook