Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 16
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa entre veciños en Sofán

    Carballo 2011 - Sofán - Festa da AVV - cartelEn terras de Bergantiños están esta noite de festa con dúas orquestras punteiras: Alarma e Costa Oeste

    A Asociación de Veciños de Sofán organizou para hoxe unha festa, pero non é unha festiña calquera. Gran churrascada e música de orquestra, ou mellor dito de orquestras, e que orquestras, nada máis e nada menos que ALARMA e COSTA OESTE.

    Si, xa vos dixen que non era unha festa calquera, porque a banda coruñesa e mais a rianxeira están moi ben consideradas e veñen fortes este ano. Repertorios actualizados e postas en escena coidadas caracterizan a estas dúas formacións musicais que amenizarán en terras de Bergantiños a verbena de hoxe.

    Nada mellor para afrontar o día festivo de mañá que aproveitar hoxe a noite marcando o baile.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook