Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 29
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festa por todo o alto en San Román

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 10Dunia Santana e Jorge Ferre, vocalistas de Panorama / © Foto: roxegar 2012

    No concello da Laracha van de festa semana tras semana. Despois das patronais chegan agora as festas de San Román cun potente cartel que inclúe, como xa é costume, algunhas das consideradas formacións musicais de primeira liña en Galicia.

    As orquestras COSTA OESTE, co seu BOXING TOUR 2012, e PANORAMA, co seu MAGIC TOUR 2012 La gira del Sol, serán as primeiras en ofrecer os seus espectáculos dentro da xornada denominada Festa da Xuventude (xoves). Durante os outros tres días pasarán polo campo da festa os grupos METRÓPOLIS e CICLÓN (venres), MARCA e OLYMPUS (sábado) e para rematar o domingo, sesión vermú e verbena final co grupo ATENAS.

    As de San Román son unhas das festas máis potentes da Laracha, e aínda non rematarán aquí as celebracións no concello, falta unha das romarías de máis sona: Os Milagres.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook