Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 06
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas de luxo en Vilaboa

    Culleredo 2012 - Festas de Vilaboa - cartel Durante cinco días a festa manda en Vilaboa (Culleredo)

    A localidade Cullerdense de Vilaboa, á entrada da cidade da Coruña entrando pola estrada de Santiago, celebra as súas festas por todo o alto. Vilaboa e O Burgo compiten cada ano por ofrecer os mellores carteis da zona en canto a celebracións se refire. E se no Burgo este ano vai a haber certo recorte, non parece que suceda o mesmo en Vilaboa. As orquestras PHILADELPHIA (o venres), PANAMÁ (sábado), CINEMA (domingo), OLYMPUS (luns) e PANORAMA cerrando o martes serán as encargadas de amenizar uns festexos moi populares en toda a área metropolitana coruñesa.

    O esforzo da Comisión de Festas queda patente ante a presentación dun cartel no que se inclúen algunhas das consideradas mellores orquestras do momento. Tamén haberá outros actos festivos, actuacións musicais, fogos de artificio, churrascada o último día nunhas festas que sempre teñen como antesala a Semana Cultural de Vilaboa, con outros actos populares e cun recinto de atraccións case en fronte á praza onde teñen lugar as verbenas. As festas de Vilaboa, lonxe de ir a menos, parece que cada ano cobran maior peso na comarca coruñesa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook