Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Julio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas de luxo en Vilaboa

    Culleredo 2013 - Festas de Vilaboa - cartel Durante cinco días a festa manda en Vilaboa (Culleredo)

    A localidade Cullerdense de Vilaboa, á entrada da cidade da Coruña entrando pola estrada de Santiago, celebra as súas festas por todo o alto. Vilaboa e O Burgo compiten cada ano por ofrecer os mellores carteis da zona en canto a celebracións se refire. E se no Burgo este ano parece que vai haber certo recorte, non parece que suceda o mesmo en Vilaboa, polo menos na mesma medida, aínda que faltan as "tres grandes" que amenizaron estes últimos anos algún día de festas.

    Aínda así o cartel de Vilaboa pasa, coma sempre, con nota alta, pois estarán na localidade cullerdense as orquestras ARMONÍA SHOW (o venres), SALSA ROSA (sábado), PALLADIUM (domingo), CHARLESTON BIG BAND (luns) e ACHÉ cerrando o martes. Todas estas formacións musicais serán as encargadas de amenizar uns festexos moi populares en toda a área metropolitana coruñesa. Este ano, como novidade, o luns haberá unha actuación especial da man do televisivo DJ KIKO RIVERA.

    O esforzo da Comisión de Festas queda patente, un ano máis, ante a presentación dun cartel no que se inclúen orquestras moi populares. Tamén haberá outros actos festivos, actuacións musicais, fogos de artificio, churrascada o último día nunhas festas que sempre teñen como antesala a Semana Cultural de Vilaboa, con outros actos populares e cun recinto de atraccións case en fronte á praza onde teñen lugar as verbenas. As festas de Vilaboa, lonxe de ir a menos, parece que cada ano cobran maior peso na comarca coruñesa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook