Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas de Noche, en Vilalba: onde está a crise?

    La Oca 2010 - grupo - cartelO grupo La Oca cerra o domingo as festas en Noche (Vilalba)

    Impresionante cartel para as festas de Noche, no concello lugués de Vilalba. Durante tres días a localidade vístese de festa e de etiqueta, pois o cartel é de luxo.

    Para empezar hoxe venres actuará a orquestra XENTE NOVA e no descanso haberá un concerto do grupo FÓRMULA V.

    Mañá sábado é o día grande, no que actuará o grupo de animación ENTRE LUSCO E FUSCO, a CHARANGA DE VILALBA, as CANTAREIRAS DE ARDEBULLO e o grupo M-3 será o encargado da verbena. Pero por se fose pouco aínda quedan dúas bazas importantes para a festa de mañá, o grupo ASTAROT e o cantante DAVID CIVERA subiranse ao escenario para ofrecer cadanseu concerto ante un público que se prevé moi numeroso.

    E o domingo é o último día de festas, a BANDA DE MÚSICA DE VILALBA e o grupo pontevedrés LA OCA amenizarán a sesión vermú. Pola noite os amigos de LA OCA, con Puma Rodríguez e Mónica Laguna na dianteira, ofrecerán a verbena de clausura deste impresionante cartel.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook