Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas do Carme de interior: As Pontes

    As Pontes - 2010 - Festas do CXarme e a Fraga - xullo - cartel

    Non todas as localidades onde se celebra o Carme son vilas mariñeiras. As Pontes ou Zas, entre outros concellos, son algúns dos lugares onde tamén teñen como patroa a Virxe dos mariñeiros.

    As Pontes cerra hoxe a primeira etapa das súas festas. Pasaron pola vila coruñesa orquestras como ARMONÍA SHOW e PANAMÁ (o venres), JERUSALÉN (sábado) ou COMBO DOMINICANO e CHARLESTON BIG BAND. Tamén concertos de artistas como CHENOA (sábado) e BUSTAMANTE (onte domingo).

    Hoxe cerran as festas do Carme, musicalmente falando, as orquestras SINTONÍA DE VIGO e PHILADELPHIA. A segunda etapa festeira nas Pontes comezará o vindeiro venres co NABIZA ROCK. Actuarán os grupos RAZE, OGMIOS, QUE CUNDA O PÁNICO, SUPEREFE, BON A CHIC e SIDONIE. O sábado e mais o domingo, as festas cambian de localización e de nome: ROMARÍA DA FRAGA.

    O sábado é a noite dedicada ao folk. As actuacións previstas son as de MUXAREGA, A BANDA DA BALBINA, YVES LAMBERT e CHE SUDAKA. O domingo, propio día da romaría, a festa estará amenizada polas orquestras NOVA PALMA e FOLIADA.

    Nas Pontes presentan sempre uns carteis festeiros moi interesantes. Durante a semana aínda haberá outras actividades lúdicas enmarcadas nas festas do Carme e da Fraga.

    Para consultar o programa de festas podes visitar a páxina web do concello: www.aspontes.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook