Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 24
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas por todo o alto en San Román

    A Laracha 2011 - Festas en San Román - cartelPois vai ser que no concello da Laracha sempre ha de haber un bo cartel festeiro que ofrecerlles aos veciños e visitantes. A todas as festas que xa tiveron lugar este ano na Laracha, as últimas a pasada semana no corazón do concello, Torás, hai que lles sumar outras máis que empezaron hoxe mesmo e que se desenvolverán ata o domingo.

    Sete orquestras contratadas para unhas celebracións de primeira non só no concello senón en toda a comarca. San Román, en Cabovilaño, está de festas. E para comezar nada mellor que impactar cunha das consideradas mellores orquestras do momento: PARÍS DE NOIA, que acaba de actuar na súa propia vila, é a banda encargada de abrir xunto co grupo METRÓPOLIS, as festas situadas a pé da estrada de Fisterra. Outras dúas orquestras ofrecerán o mellor dos seus repertorios para a noite do venres: COSTA OESTE e ALARMA desde A Coruña. PHILADELPHIA e NUEVA GENERACIÓN farano na noite do sabado e, para cerrar o domingo, ademais dunha gran sesión de fogos artificias, a música da orquestra MANILA.

    Desde logo, para os tempos que corren non se pode dicir que o cartel de San Román non sexa de gran calidade e que deixa ver o grande esforzo por parte da comisión e da veciñanza por ofrecer unhas festas que seguen a ser de primeira.

    E non pensedes que acaban aquí as festas no concello, en breve chegan os Milagres, e seguiremos de troula por terras larachesas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook