Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festas tradicionais para ter en conta

    Moitas son as propostas á marxe das típicas verbenas para os vindeiros días. Moito rock e música popular en festas e festivais que cada ano congregan a milleiros de persoas. Outro xeito de ir de festa.

    Ofrecemos unha pequena mostra das citas festivas para as vindeiras horas. Clicando en calquera dos carteis poderás acceder á nosa conta de Flickr onde atoparás máis eventos festeiros.

    Moura Rock 2010 - 5ª edición - Gondomar - Chaín - xullo - agosto - cartel

    Sons de Noite 2010 - xullo - cartel

    Son da Burga 2010 - II Noite musical - Ourense - Baños de Molgas - xullo - cartel

    Festival Intercéltico do Morrazo - 2010 - 26ª edición - Moaña - cartel

    Festixeve 2010 - Xeve - Pontevedra - xullo - agosto - cartel

    Festa do Viño da Casa de Saxamonde - 2010 - 3ª edición - Redondela - cartel

    Festival AntrosPinos - 2010 - 3ª edición - Rianxo - Taragoña - xullo - agosto - cartel

    cartel 2010

    Venres 30 de xullo: (na Feira do Trece) 21:00 h: Apertura do Oenach cun “acto sorpresa” 22:30 h: Noite de Música Galiciana: Bonovo Fía na Roca Sábado 31 de xullo: (na Feira do Trece) 10:00 h: Feira de artesanía e Comercio artesán. 13:00 h: Degustación de Menú Castreño. 14:00 h: Cita gastronómica para degustar un menú autóctono a base de porco celta ó braseiro. 16:00 h: Xogos populares. 17:30 a 19:30 h: Olimpiadas de Deporte Rural Interterritorial. Sábado 31 de Xullo: (no Castro de Eiravedra) 22:00 h: Recreacións teatrais no Castro de Eiravedra a cargo da Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. As obras estarán escritas e representadas pola veciñanza da parroquia, e dirixidas por Pedro Pablo Patinho. 23:30 h: Repichoca de Música Tradicional e convite gastronómico na Capela de Placente á beira do Castro. Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece) VI Mostra de Razas Autóctonas Galegas 9:00 a 20:00 h: Mostra monográfica do Porco Celta. 10:00 h: Feira de Artesanía e Comercio Artesán. Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece) Entre as 11:00 e as 14:00 h: Recreación dun Oenach, con esceas da vida cotiá da época castreña, e representación do Oenach de Sedes a cargo dos veciños. 14:00 h: Entrega de presentes ás entidades colaboradoras. 16:30 a 18:30 h: Recreación do Oenach e representación parateatral a cargo da veciñanza de Sedes. 17:00 a 19:00 h: Encontro de Deporte Rural, coa demostración de diferentes variantes de deporte rural peninsular. 19:00 h: Carreira Popular ó Castro, que xa se está a converter nun clásico como proba atlética na época estival. 20:00 h: Entrega de trofeos de tódalas probas deportivas. Clausura do Oenach coa entrega da II Edición do Premio Castrexo do Ano.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook