Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festival Brincadeira, antesala das patronais de Ordes

    cartel basico2Impresionante cartel para o Brincadeira 2011, cita consolidada nos festivais máis importantes de España

    Días previos ás festas de Ordes, pero cun cartel impresionante en formato festival. O Brincadeira está de novo aquí e a cita máis esperada producirase esta noite da man do grupo EUROPE. Dous escenarios e área de DJs nunha cita máis que consolidada e que este ano dá moito que falar pola calidade e cantidade de grupos participantes.

    Toda a información do Festival Brincadeira 2011:

    Este ano celébrase a V Edición do Brincadeira Festival, os días 11, 12 e 13 de agosto en Ordes (A Coruña), cunha programación de luxo. É de especial repercusión a actuación do mítico grupo Europe, que por primeira vez na súa historia inclúe a Galicia como destino da súa xira mundial, e como única actuación en España durante o presente ano. A banda sueca, que deu luz a grandes himnos musicais como The final Conutdown, Carrie ou Rock the Night, aterrará en Ordes co seu último disco Last look At Even, abalado tanto pola crítica como polos seus seguidores.

    Ademais de Europe, actuarán no Brincadeira Festival máis de 50 artistas musicais, entre os que podemos destacar a Genitorturers (USA), The Grit (UK), El Vez (México), The Lords Of Altamont (USA), Rosendo, Burning, Obús, Canteca de Macao, Narco, La Pegatina, Locomía, Dr Explosion, La Kinky Beat, Benito Kamelas, Dios Ke Te Crew, Habeas Corpus..., entre outros moitos grupos musicais; e na Área de Dj´s poderemos disfrutar de recoñecidos nomes como Kazu Kimura (Xapón), David Mallada, Void Camp, Decepticons, John Axiom, AGM & Quintrix..., etc, no que se ofrece unha programación do máis completo e apta para todo tipo de gustos.

    Dada a gran afluencia de público, Brincadeira Festival, catalogado como un dos 18 festivais musicais máis importantes de España, celebrarase nunha leira de 45.000 metros cadrados, situada nun envexable entorno natural e con acampada e áreas de descanso no seu perímetro. A súa situación está moi próxima ao Campo da Feira, e accédese a ela a través do recentemente inaugurado “Paseo do Mercurín”. O festival contará con tres escenarios, concurso de maquetas, piscina e diferentes actividades paralelas, como o concurso de fotografía ou a mostra de artesanía.

    A web oficial (www.brincadeiraordes.com) permite acceder directamente á compra dos abonos a través de Ticketmaster ou NovaCaixaGalicia, mediante unha promoción de 25 € o abono dos tres días con acampada incluída.

    Horarios:

    Xoves día 11

    Escenario Estrella Galicia

    La Akústica Asesina (17:00) • Skarallaos (17:45) • Johnny & The Ticks (18:30) | Alto Asalto (19:10) • Zootropa (19:50) • A Cona Ye-yé (20:45) • Trashtucada (21:55) • Vendetta (23:25) • Narco (00:55) • Dios Ke Te Crew (02:35) • Samesugas (04:00)

    Venres día 12

    Escenario Estrella Galicia

    Avante (17:00) • Labazada (18:00) • A Familia Caamagno (19:00) • Primitive (20:00) • Canteca de Macao (21:10) • Benito Kamelas (22:40) • La Pegatina (00:35) • La Kinky Beat (02:25) • Ruxe Ruxe (03:55)

    Escenario Brincadeira

    Obús (20:30) • The Grit (21:50) • Rosendo (23:25) • El Vez (01:30) • Genitorturers (03:00) • The Lords of Altamont (04:20)

    Área de DJ's

    Plástico Elástico (20:30) • Klark the What (21:40) • Vampire Dj's (22:50) • Kaze (00:00) • John Axiom (01:10) • David Graña (02:20) • Ed is Dead (03:30) • Void Camp (Live) (04:40) • Decepticons (05:50)

    Sábado día 13

    Escenario Estrella Galicia

    Manolo Kabezabolo (17:00) • Chícharo Psicótico (18:10) • Kastomä (19:15) • Malandrómeda (20:20) • Los Barrankillos (21:40) • Dakidarría (23:10) • Novedades Carminha (00:40) • Die Fritzels (02:10) • Habeas Corpus (03:30)

    Escenario Brincadeira

    Boikot (21:30) • Burning (23:20) • Europe (01:30) • Locomía (03:25) • Dr. Explosion (04:20)

    Área de Dj's

    Mou (19:30) • Estudio 3 Dj's (20:40) • G Furlán & Kata (21:50) • Fernando Mesa (23:00) • AGM & Quintrix (00:10) • Dj Moreno (01:20) • David Mallada (02:50) • Kazu Kimura (05:00)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook