Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festival e festa en Castelo

    culleredo-castelo-2010-cartel-festival

    A antesala do que serán as festas de Castelo (Culleredo) é o CASTELO MUSIC FESTIVAL que se celebra hoxe na polideportiva. O nome parece moi rimbombante e quere lembrar as grandes citas festivaleiras nas que se dá cita todo tipo de música, sobre todo a que non é fácil escoitar por medio das radiofórmulas e un pouco á marxe do aspecto comercial. Grandes festivais onde incluso se organizan acampadas para facilitarlles aos usuarios a estancia e tamén como experiencia complementaria á música.

    Pois en Castelo temos tamén todo isto, obviamente a unha escala menor, pero con grandes doses de ilusión por asentar este evento no calendario festivo. Acampada gratis, almorzo gratis, amplo servizo de autobuses e aínda máis cousas nos agardan en Castelo esta noite con DJ GORO como cabeza de cartel. Toda a información na web oficial do festival: www.castelomusicfestival.com

    culleredo-castelo-2010-cartelE mañá festas, e pasado, e ao outro. O festival é o pistoletazo de saída. Orquestras como PARÍS DE NOIA e a coruñesa FOLIADA amenizarán o día grande cos seus repertorios destinados a todos os públicos. ATENAS e BAMBÚ serán os grupos encargados das celebracións do sábado e do domingo. Castelo disponse a celebrar así catro días de festas en honor a San Raón, as segundas despois das do Apóstolo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook