Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 21
    Marzo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festón en Frades. Capítulo I

    Frades 2014 - Festas da Xuventude e San Xosé en Abellá - cartel

    Cartel promocional das festas de San Xosé e da Xuventude en Abellá (Frades)

    O Concello de Frades acolle esta fin de semana a Festa da Xuventude en Abellá. Para a semana próxima volverá a haber festa, esa vez en Añá

    No Concello de Frades xa están preparados para dúas xornadas de festa esta fin de semana e outra a próxima. Son as festas de San Xosé e da Xuventude en Abellá, coa participación de tres formacións musicais. A xornada grande será a de venres, coa actuación do grupo CICLÓN e da orquestra CINEMA que presentarán todas as súas novidades no concello coruñés.

    Pero ademais, os veciños non gardarán as ganas de festa porque o próximo venres, esta vez en Añá, volverán a soar os ritmos de CICLÓN, en honor á Santa Resaca, festa que ten coincidido en plena Semana Santa pero que este ano se adianta varias semanas. Ao grupo compostelán acompañarao a orquestra ACHÉ.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook