Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Festón en terras de Rois

    Rois 2011 - Festas de San Antonio en Oín - cartelPasarrúas e catro formacións musicais para dous días de festa en Oín (Rois)

    Oín, parroquia de Rois, hoxe comezaron as festas e non o puideron facer de mellor xeito. As orquestras ACHÉ e CHARLESTON BIG BAND estarán tocando na primeira xornada festiva. Dúas orquestras de renome para unhas festas que cada ano pretenden afianzarse un pouco máis. Ademais, a orquestra padronesa actuará en pleno aniversario, porque 27 anos non se cumpren todos os días, e menos as orquestras. A CHARLESTON celebrará hoxe os anos da mellor maneira que sabe, tocando para o público.

    No campo de fútbol da localidade acollen hoxe e mañá sábado as celebracións das máis importantes da parroquia (celebran varias festas). E para o segundo día outras dúas formacións musicais con música moi bailable, D'MOMENTO e a orquestra PANAMÁ co seu novo repertorio 2011 aínda máis verbeneiro que o anterior. Non é difícil supoñer que as festas máis grandes de Oín serán todo un éxito.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook