Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Fichaxe estrela en Philadelphia

    Orquesta Versalles 2007 - Sanela Ferizovic

    Sanela Ferizovic nunha actuación de 2007 coa orquestra Versalles / © Foto: roxegar 2007

    A mellor forma de substituír unha artista de primeira liña nunha orquestra é fichar a outra para o sitio. E isto é o que vai pasar na orquestra PHILADELPHIA, o lugar de Natalia Méndez, nova fichaxe de LOS SATÉLITES, será ocupado por Sanela Ferizovic.

    Unha das actuais vocalistas da orquestra CANADÁ, Sanela, é boa proba de que un corpo 10 non está pelexado coa elegancia, a sensualidade e o sentimento. A que foi durante moitos anos voz principal na orquestra VERSALLES chega en 2012 á PHILADELPHIA para completar con María García unha dianteira feminina moi atractiva e impoñente, no físico pero tamén no terreo musical.

    A coñecida como "rubia da VERSALLES", que este ano formou parte de CANADÁ xunto coa maioría de músicos procedentes da orquestra coruñesa, pasará a formar parte dunha das formacións musicais que nos últimos anos se colocou entre as principais de Galicia e que pretende conservar ese posto a base de ofrecer un repertorio bailable pero tamén música de espectáculo e os últimos éxitos para a xente máis nova.

    Canadá 2011 - orquesta - cartelSanela formou parte en 2011 da orquestra Canadá, que está cerrando temporada estes días

    Versalles 2009 - orquesta - cartel

    Versalles 2008 - orquesta - cartel

    Pero Sanela Ferizovic é máis coñecida pola súa longa etapa na orquestra Versalles

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook